Gardado en: Historias e Lendas | Etiquetas: carballeira, carballo, fonte, fraga, lobishome
A oscuridade da noite quebrabase polo excepcional brillo da lúa. Hoxe era plenilunio, pero era un plenilunio especial. O tamaño e o esplendor da lúa, semellaba mismamente o pleno día.
O vento, ululaba entre os piñeiros que bordeaban a pista forestal. E ó fondo… a fraga vella. Unha antiga e mesta carballeira retorcida e oscura. Esta noite quizá, máis arripiante debido a claridade, debuxando formas e siluetas irreáis na imaxinación do máis temeroso.
Sería de tolos meterse na fraga, pero non lle quedan opcións. Os seus perseguidores apuran o paso. Xa os pode oir. Métese protexendo o rostro co brazo, no máis mesto do bosque. A sua aloucada carreira lévalle a espetar unha e outra vez contra as polas dos carballos, abrindo profundas feridas, que o debilitaban máis si cabe. De súpeto repara que diante del hai un claro. Xusto a tempo. Os seus pulmóns ardían do esforzo, e parecía có corazon lle iba estalar. Agora podía descansar…
Cerrou os ollos un instante mentres collía folgos. Os seus beizos resecos añoraban auga. Hasta lle parecia oir o borboteo dunha pequena fonte. Pero, …non era a sua imaxinación. Aló, entre dúas rochas, un pequeno e constante fio de auga caía cara ó nacemento dun regato. Polo menos, podía saciala súa sede. Foi entón, cando inmerso no placer de refrescarse, non repara no compañeiro inusual que se puxera a carón del, e co mesmo motivo: beber. Era un lobo. Era un deses lobos enormes e feros que solían percorrer estas serras.
Pero éste, semellaba ca súa única intención era refrescarse coma el, sin prestarllle a maior atención o estraño individuo co que compartía fonte.
Cando os dous compañeiros saciaron as suas ansias, o lobo mirou ó humano con curiosidade, e alonxouse tranquilamente.
Quedou entón só o home descansando por uns poucos intres máis. Pero non ia ter respiro. Unha terrible convulsión dou con el no chan. Tiña a sensación de que se lle desgarraban as entrañas, que lle daban a volta de dentro a fora. A auga que bebera probablemente estubera contaminada do contacto cos animais, cos lobos.
A piel ardíalle, semellaba que se lle lañaba. Reparou nas suas mans, tiñan pelo… un pelo negro e mesto, poutas coma…un lobo. E todo o seu corpo, tamen lle creceu pelo. Tíñase que ver. Acercouse ó regato a contemplar o seu reflexo. De quén era esa cara?. Non podía ser, era un lobo. O home transformarase nun deses lobos feros, dos que percorrian estas serras. Beber da fonte da fraga, da que beben os lobos, combinado co plenilunio e o inusual brillo da lúa transformarono nun lobishome. Agora podría escapar dos que o persiguen. Coma lobo, confundíndose nas sombras da noite.
Como dicia o sabio: Calquer nacemento e doloroso, pero alegre. E así, coma lobo, o home gañou por fin a sua liberdade.
