Gardado en: Anecdotario | Etiquetas: boite, borracheira, espello, pepito, tirita
Érache coma outro día calquera. E coma sempre, xa estaba Pepito coa borracheira. Pepito era un probe demo. Máis tonto que criar un jato con Maizena. Todo o mundo se burlaba do xeito que tiña. E das consecuencias da borracheira…
Ahhh, vaia tunda que vas levar coa muller ó chejar á casa.- rieuse un dos seus colejas.
jua, jua, vaite baticar coma un pulpo.- Parteuse outro deles.
Ate de clavar coma unha solla.- Asejurou outro.
Pepito, confundido pola euforia do alcohol, comenzou a fanfarronear: - Eu esquívollas todas e… se acaso, ijual leva ela do revés.
Todos sabian que iso era mentira. O probe do Pepito creíase as suas trolas. E alá foi, indo pa casa simbreando pós lados coma unha vara verde. Pero no medio do camiño, unha dulse melodia chejoulle os seus oidos. Eranche uns cantos de sirea que lle enjadaron, e desidiu sejuir a chamada. E ala foi, dirixindose ata a “boite” de moda, donde parou toma-la pinúltima da noite. E nesas visisitudes estaba, cando reparou nunha fermosa rapasiña que movia o seu esqueleto o son da música, e desidiu se-lo rey da pista e faserlle a ronda a rapasa. Pero nisto que Pepito reparou nun problema de loxística, a copa lle estorbaba ó seu caracteristico movemento de cadeiras. Polo que desidiu jarda-la copa no bolsillo de atrás do pantalon. Escomenzou a enfeiticizar ós presentes cunha serie de xiros sobre si mesmo, todo espectacularidad. Ata que inebitablemente nun dos xiros…caeu sentado. O vaso coa bebida escachou, e os cristais claváranselle no cu.
¿Encontraste ben? – dixolle a xente que se encontraba do seu redor-.
Mellor que marches pa casa – insistian-.
Pepito, accedeu a marchar por fin pola insistencia dos presentes. E… ala foi, simbreando…
Ó chejar a casa, reparou en que debería face-las curas do seu pequeno accidente na “boite” da maneira máis silenciosa posible. Non vaia a ser que desperte a fera da miña muller.- Pensou -. E así, descolgou o espello do cuarto de baño, para ter unha panorámica millor do seu cu, e comenzou a limpar, quitar e suturar os cortes producidos polos cristais. Cando por fin rematou, moi caladamente meteuse na cama. Conseguirao. E sin que se enterara a bruta da sua muller.
Pola mañá os alaridos resonaban por toda a casa. As maldicións escandalizarian ó mismo demo.
- ¡Pepito! fai o favor de vir ata o cuarto de baño.
- ¡Non! -replicou Pepito, temeroso de provocar unha mala reacción ná súa muller.
Onte… ¡traías unha boa borracheira! -dixo a muller-.
Pero, ¿Qué dis?. Eso non e así. -dixo Pepito-.
Que che dijo eu que onte viñas bo de carallo. -replicou a muller-.
Eu non sei de onde sacas iso. Digoche que non. -Sentensiou Pepito-.
E cunha vos melodiosa e musical, a muller de Pepito dixo: – Entón… desa maneira, ¿me podrías dicir quen foi o aparvado que encheu de tiritas o espello?
Moralexa: ¡Si bebes no conduscas!
Gardado en: Anecdotario | Etiquetas: alicates, bedel, güija, instituto, pantasma, pavillon
Xa picaba o sol alá polo mes de marzo. Iba apetecendo saltarse as clases para estumballarse na herba. Os porros pasábanse duns a outros coma flocos de millo. E o Filipe II para refresca-la gorxa. Eran os momentos previos o examen de istoria, con Tareixa, a moi temida. A máis implacable e despiadada dos mestres de instituto de todo o Salnés. E nesas visicitudes andabamos ata que a alguén se lle ocurreu , facer unha sesión ispiritista. Pois… a ver onde. ¡Xa está!: no pavillón. (O esforzo combinado das nosas mentes dera os seus froitos).
O pavillón era moi vello, co chan de madeira, cheo de humidades e cruxidos. E para darlle mais ambiente, si cabe, fechamos toda-las fiestras e persianas. Xa non entraba nin jota de lus.
O vaso daba voltas ó tolo pola mesa. E pola güija improvisada nun folio de papel que fixéramos a correr.
Se hai alguén ahí…¡qué se mostre!. Preguntou un de nós.
Danos unha señal da tua esistencia. Soltou outro. Tras uns segundos eternos donde só se oia a nosa propia respiración… A porta do pavillón, con un ruido ensordecedor e cun gran estruendo, abreuse de golpe. Un raio de luz como sobrenatural pasou a través do hoco da porta hacia nós, cegándonos por completo. Esforzándonos por acertar a ver algo, pudemos ver una especie de sombra que se constituía polo medio do raio de luz. – ¿Quén é? Dixo un de nós, tatexando… Tras outro lapso de tempo interminable, unha voz cabernosa de ultratumba berrou: ¡QUEN CARRALLO ME JODEU OS PUTOS ALICATES!.
Era Lopes, o bedel, mais sin embarjo…un segundo despois o pavillón estaba vacio.
MORALEXA: Quen te cu, ten medo.
Gardado en: Anecdotario | Etiquetas: chapeliño, jrove, orquesta, Solara, vran
A orquesta do “chapeliño” tocaba o “jit parei” daquel vran. Unha suave brisa enchía o meu peito e probocábame unha ajradable sensasión de alejría. (imaxinome que foi cousa do viño).
O ritmo pejadiso da pesa que tocaba a orquesta, fíxome arrimarme o palco.
Estaba tan consentrado na cansion, que non me din conta en que a rapaza máis feituquiña e xeitosa, puxerase o meu carón. Era a imaxe da inosensia, da limpesa, da juapura…O seu pelo roibo, lasio, brillante, caialle a maneira dun rejato polo lombo. A sua pel branca coma lua de vran.
Só habia un problema: viña acompañada…¡da sua nai!.
Ésta non me quitaba ollo, reflexaba a maldá que tiña por dentro no seu ollar. Podia senti-lo reselo que probocaba nos que a rodeaban. ¡Qué mala sorte,carallo!. Non vou poder arrimarme a ela. -pensei-.
De repente,foise a lús. ¡Esta e a miña!, -díxenme a min mesmo-, entón, rodei cos meus brasos a aquela deusa da beleza, e biqueina apasionadamente hasta quedar sin folgos…
¡E volveu a lús!. ¿¡Qué fixera!?, ¡¡¡bicara a sua nai!!!, Claváronseme aqueles ollos coma puñais,¿onde me ajacho?.
Encollido pola situasión vin que a besta asercábase a min. Achejouseme tanto que podia senti-lo seu bafo.
Foi entón cando sentensiou sin pestanexar: ¿Esto demostra o pouco que me justas pra miña filla!.
MORALEXA: ANTES DE FASER NADA: ¡APALPA!
Gardado en: Anecdotario | Etiquetas: camposanto, chorona, cimiterio, misa, parroco, ultratumba

Archivo U.M.D
A luz da pequena lámpada de carburo iluminaba a sala débilmente. Os tres fillos reunidos a carón do pe da cama, saloucando…
Chegaban os últimos intres do vello patriarca.
Por que sempre lle toca os mellores. -dixo un dos fillos-.
Lévame a min.-Berrou outro deles-.
Non sei que vai ser de nós. -tatexou o mais novo-.
Meus filliños arrimadevos aqui un momento -dixo o vello con esforzo- teño algo que vos dicir. Os fillos foron rodeando o seu pai en espera do que lles tiña que falar.
Quérovos transmitir a miña ultima vontade meus filliños.
Ay, ay ! Xemeu o probe moribundo, miña ultima vontade e pouca cousa:
Quero unha misa cantada con 9 ou máis curas -comenzou o vello- un coche funebre con 4 cabalos brancos pro meu ultimo viaxe. E Quero moitas choronas que choren o meu nome. Nese intre boquexou e que pensaban que era o seu ultimo alento. Reunironse enton o tres fillos a caron da lareira , foi cando o fillo mais vello de repente, larjou:
E falando de todo un poco, ¿non credes que iso dos 4 cabalos brancos vainos sair un poquiño caro de máis?. Co carro do Mariano non nos cheja?. E saltou o irmá mediano:
¿E tanta chorona?, “Seña” Maruxa “a coxa” xa nos cobra de carallo, canto mais sumarlle tres ou catro choroas extras. Dixo entonces o mais novo:
¿E para que tanto mundo de misa cantada? ,¡ 9 curas é a hostia bendita!, ¿elo Don Ramón o noso párroco?, ¡co boiño que é!, ¿non lle chega?. E así, nestas vicisitudes, chorando a morte do seu pai, estaban os homes. Cando da habitación surxió unha voz de ultratumba que lles dixo:
Meus filliños, ideme un momentiño ó armario, e facedemo favor de collerme o millor traxe que teño, que xa vou indo eu pro camposanto, asi aforrades o tempo é mailos cartos.
Moralexa: Sije aforrando, que as de ser o máis rico do camposanto.
Gardado en: Anecdotario | Etiquetas: amigorros, carnaval, odalisca, Pernas, renteño

Vaia pernasas...
É unha fria e chuviosa noite de carnaval, e corren os anos 70.
¡Xa está despotricando na taberna!. É o pasatempo favorito do “Renteño”. Coa cabeza quente de tanto viño….”por que a miña muller é a cousa mais mala e máis fea que pariu o demo”…-dicia-.
Nesto a probe de Ricardina -asi se chamaba a devandita muller- atarefada coma sempre na limpeza e coidado da casa, así coma do coidado dos seus dez fillos.
Algunhas veciñas compadecidas pola sempre fatigosa e desagradecida vida de Ricardina, decidiron por un día, facerse cargo das obligacions dela.
Asi, convenceronna de que se arreglara para o seu “Renteño”, e desa maneira darlle unha sorpresa. A vaia se lla dou.
Bailaba e bailaba, e caía, e bailaba. Xa estaba ben a “justo”, tanto, que hasta lle pareceu que unha fermosa odalisca enmascarada, bailando a danza dos sete velos, se lle estaba insinuando. ¡Esta cae! -dicia “fantasmeando” cos amigorros-. A damisela acercábaselle cada vez máis facendolle arrumacos de cotio, enton “Renteño”, consigue levantarlle a saia, ¡Me cajo no mundooo! -“jritou” da emoción- ¡Estas si que che son pernas, e non as da miña muller!. Ó escoitar semellante “rebuzno” a odalisca quitou a máscara que levaba, e acertou a dicir: PASA PARA A CASA QUE XA CHE EXPLICO EU COMO SON AS PERNAS DA TUA MULLER.
Moralexa: “Pa” que hostia bebes, si te volves tonto”





